Tamén podedes visitar o blog do departamento: TIC-TEC.
Exemplo de traballo de búsqueda de plásticos reciclables:
Os plásticos que poden reciclarse (que non son todos) adoitan en levar un número identificativo do 1 ao 7 ao lado (ou dentro) do triángulo de reciclaxe. Na actividade en grupo queremos que busquedes os 7 números, fagades unha foto e identifiquedes as propiedades dese plástico.
A tarefa faise do seguinte xeito:
- escribir o nome do autor/a
- indicar en que obxecto atopouse o plástico
- subir a foto onde vexamos o obxecto e o número do plástico (ou as súas siglas). Se non está o número indicar a que número corresponden esas siglas.
- indicar o nome completo do plástico
- indicar as características do plástico (fraxilidade, plasticidade, dureza...) e en que obxectos podemos atopalo. Para iso teremos que buscar en internet, pero so quremos a información importante.
Exemplo de tarefa:
NÚMERO 5 (PP)
autor: Daniel Rodríguez
obxecto: embalaxe de plástico de pezas de LEGO
O número 5 é o polipropileno (PP). É un polímero de propileno (o nome do seu monómero). É termoplástico,o cal implica que pode reciclarse (obvio, non?)
As súas características principais son:
- é barato
- fácil de moldear e colorear
- non é tóxico
- é illante eléctrico
- resistente aos disolventes
- alta resistencia (non rompe fácilmente ao estirar ou ao flexionar)
- resiste ben os aumentos de Tª
- xoguetes
- vasos
- recipentes de alimentos, produtos químicos, medicinas...
- roupa
- materiais de construcción
- un montón de cousas máis...

No hay comentarios:
Publicar un comentario